Sobre as formas de tratamento no sur de galicia e no norte de Portugalunha visión sociolingüística e contrastiva

  1. Uruburu Rodríguez, Miren Begoña
Dirixida por:
  1. José María García-Miguel Gallego Director
  2. María Carmen Sampedro Mella Director

Universidade de defensa: Universidade de Vigo

Fecha de defensa: 30 de xuño de 2023

Tribunal:
  1. Rosario Álvarez Blanco Presidente/a
  2. Víctor Lara Bermejo Secretario/a
  3. Aline Maria França Bazenga Vogal

Tipo: Tese

Resumo

Esta tese de doutoramento ten como obxectivo realizar un estudo comparativo entre os usos das formas de tratamento no sur de Galicia e no norte de Portugal. Trátase de describir os usos de ditas formas en diferentes ámbitos no galego do sur de Galicia e no portugués do norte de Portugal, observando posibles cambios nos últimos anos. Ademais, preténdese examinar a influencia de diferentes variables sociolingüísticas nos usos dos tratamentos por parte dos falantes das dúas zonas analizadas, e coñecer algunhas crenzas sociolingüísticas que os informantes teñen ao respecto. Para iso, utilizouse unha metodoloxía cuantitativa e cualitativa mediante a realización de entrevistas orais gravadas e enquisas escritas. O presente traballo divídese nos seguintes sete capítulos: No Capítulo 1 preséntase o estado da cuestión sobre as formas de tratamento do galego e do portugués europeo, e o marco teórico. Ao Capítulo 2 corresponden os aspectos metodolóxicos. No Capítulo 3 descríbense cuantitativa e cualitativamente, e de xeito comparativo, os resultados rexistrados en diferentes ámbitos nas entrevistadas realizadas no sur de Galicia e no norte de Portugal. No Capítulo 4 analízase cuantitativamente a influencia das variables sociolingüísticas sexo, idade, nivel sociocultural e cidades vs. vilas nos usos das formas de tratamento por parte dos informantes galegos e portugueses. O Capítulo 5 analiza cuantitativamente os resultados dunha serie de enquisas escritas realizadas no norte de Portugal sobre os usos do pronome `você explícito. No Capítulo 6 revísanse algunhas crenzas dos falantes entrevistados sobre diversos aspectos relacionados cos usos das formas de tratamento. Y, finalmente, no Capítulo 7 recóllense as conclusións e propóñense futuras liñas de investigación.