Ficcións apropiadas, humor e feminismos nas artes visuais nas últimas décadas
- FRAGA COSTA, SABELA
- Juan Manuel Monterroso Montero Director/a
- Xosé M. Buxán Bran Director
Universitat de defensa: Universidade de Vigo
Fecha de defensa: 26 de d’abril de 2024
- Patricia Mayayo President/a
- Juan Vicente Aliaga Secretari/ària
- Olaya Sanfuentes Echeverría Vocal
Tipus: Tesi
Resum
Tendo en conta o uso do humor nos últimos anos á hora de comunicar contidos feministas, especialmente nas redes sociais, esta tese sitúa o foco de análise na súa presenza e funcionamento nas artes visuais desde unha perspectiva feminista. Baixo a idea central do "dobre movemento", a investigación pretende incorporar unha nova forma de entender esta práctica creativa que non se deixa limitar por unha única lectura. Este traballo continúa o camiño aberto por outras investigadoras que centraron o seu interese na relación histórica entre as mulleres e o humor desde o terreo da filosofía ou das ciencias políticas. No ámbito creativo, pese a que a arte feminista goza cada vez de máis recoñecemento, a baixa presenza do humor en exposicións e en catálogos de arte deixa entrever a falta de consideración que sofre. Debido a esta situación, para intentar entender o motivo e explorar a súa potencia transformadora, a revisión bibliográfica completouse con trece entrevistas a creadoras pertencentes a diferentes disciplinas artísticas. Os seus coñecementos e experiencias evidencian tanto as posibilidades de ampliar imaxinarios como os desafíos que existen á hora de encarar calquera sistema de poder co humor.