Oferta científica

  • - Aplicacións de Intelixencia Artificial en educación, turismo, patrimonio cultural e atención sanitaria: sistemas recomendadores, sistemas expertos, planificación, optimización, procesamento de linguaxe natural, etc.
  • - Consultoría sobre sistemas de información e comunicacións para a industria 4.0.
  • - Humanidades dixitais: sistemas de xestión de coñecemento (CMS) sobre patrimonio cultural e puntos de interese turístico-cultural; dixitalización e anotación semántica; apoios á elaboración de narrativas multimedia.
  • - Sistemas de apoio a diagnóstico e terapia de trastornos cognitivos, comunicativos e do espectro autista: xestión de perfís, xeración e monitorización de plans de terapia, sistemas de interacción adaptados, interacción mediada por avatares.