Liñas de investigación

  • Estudo da dinámica da circulación en Galicia, a modelización dos sistemas mariños nos seus aspectos hidrodinámicos, de produtividade primaria e de contido en nutrientes.
  • Interaccións entre a oceanografía física e as outras ramas da oceanografía, sexa nos seus aspectos xeolóxicos, químicos ou biolóxicos.
  • Oceanografía operacional, deseño, colocación e supervisión de plataformas oceanográficas de envío de datos en tempo real, incluíndo un sistema de radar HF e boias oceanográficas e de calidade de augas en zonas interiores, rías e na plataforma continental.