Análise bioinformático para o estudo de metaxenomas e/ou microbiomas (DNA metabarcoding), nun campo que se pode denominar xenómica ambiental ou xenómica de comunidades. Os nosos servizos comprenden desde o procesado das secuencias ata a análise estatística dos datos obtidos.
Aplicación de fertilizantes (vermicompostaxe) en vides, flores, horticultura e outros cultivos: en fase sólida e líquida e biopesticidas en pulverizacións foliares.
Biotratamento de residuos orgánicos en fase sólida: vermicompostaxe e compostaxe.
Caracterización física, química e biolóxica de chans, residuos orgánicos e substratos vexetais.
Caracterización física, química e biolóxica de compost e vermicompost.
Caracterización física, química e biolóxica de compost e vermicompost: capacidade fertilizante, toxicidade potencial e persistencia dos patóxenos para os seres humanos e cultivos.
Estudo e produción a escala piloto de biofertilizantes e bioplaguicidas a través de vermicompostaxe de bagazo de uva e bagazo de uva destilado de uvas brancas e vermellas.
Metaxenómica e enfoques metatranscriptómicos para o estudo das interaccións e os cambios na composición, estrutura e función das comunidades microbianas en vermicompostaxe, chan, rizosfera e filosfera dos cultivos.