Configuración de bancos de proba para automatización de ensaios de equipos de potencia.
Deseño de aplicacións específicas que requiren de captación de enerxía residual do ambiente (captadores termoeléctricos, piezoeléctricos, etc.), sistemas electrónicos de baixo consumo e comunicacións sen fíos.
Deseño de convertedores dc-ac para aplicacións específicas: xeradores de ultrasóns, actuadores electromecánicos, etc.
Deseño de convertedores dc-dc para aplicacións específicas: fontes de alimentación especiais, carga rápida de acumuladores eléctricos, convertedores bidireccionais para intercambio de enerxía entre acumuladores de Li e supercondensadores.
Deseño de sistemas no ámbito das TIC para a mellora da docencia.
Desenvolvemento de sistemas electrónicos de medida de variables. Sensores intelixentes e comunicación de datos sen fíos. Desenvolvemento de aplicacións específicas para sensores de medida e deseño dos circuítos de acondicionamento: sensores de ultrasóns, imaxe, ópticos, gases, etc.
Desenvolvemento de tarxetas electrónicas para aplicacións analóxicas, dixitais e mixtas.
Modelado, control de carga e supervisión de sistemas de acumulación de enerxía eléctrica (baterías, supercondensadores).
Oferta de cursos de formación específicos en Tecnoloxía Electrónica.
Programación de microcontroladores para aplicacións de tempo real e configuración de FPGAs para aceleración do procesado dixital de sinais.
Realización de algoritmos para procesado dixital mediante microcontroladores ou FPGAs.
Realización de estudos de fiabilidade en compoñentes e sistemas electrónicos (ensaios de temperatura, humidade, envellecemento).