
Blanca
Miranda Rodas
Alumno/a tese / doutorado
Departamento: Tradución e lingüística
Centro: Facultade de Filoloxía e Tradución
Campus: Vigo
Área: Filoloxía Francesa
Grupo de investigación: BiFeGa Grupo de Investigación en Estudos Literarios e Culturais, Tradución e Interpretación-
Correo: mariablanca.miranda@uvigo.es
M. Blanca Miranda Rodas, doutoranda en Tradución e Paratradución pola Universidade de Vigo, é contratada predoutoral pola da Xunta de Galicia cofinanciada con Fondos Europeos. Egresada en Tradución e Interpretación, posúe o Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas (Linguas estranxeiras) da mesma universidade. Dende 2023, pertence ao Grupo de Investigación en Estudos Literarios e Culturais, Tradución e Interpretación (BiFeGa). A súa investigación ten como obxecto de estudo o subxénero Vigo noir da narrativa galega e a tradución exterior dos seus referentes culturais e no autor de maior proxección exterior do subxénero no sistema literario, Domingo Villar. Igualmente, caracterízase a autotradución de A praia dos afogados (Domingo Villar) en contraste con Covardes (María Xosé Porteiro), Un lume azul (Pedro Feijoo) e Infamia (Ledicia Costas).