Departamento: Economía aplicada

Centro: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Centro de Investigación Interuniversitario: ECOBAS

Campus: Vigo

Universidad: Universidade de Vigo

Área: Economía Aplicada

Correo: crio@uvigo.es

Web persoal: https://crio.webs.uvigo.es/

Doutora pola Universidad Carlos III de Madrid coa tese Desigualdad y pobreza en España, de 1980-81 a 1990-91 1996. Dirixida por Dr/a. Javier Ruiz-Castillo Ucelay.

Coral del Río Otero é catedrática no departamento de Economía Aplicada na Universidade de Vigo e doutora en economía pola Universidad Carlos III de Madrid. Os seus traballos xiran ao redor do estudo das desigualdades económicas e insírense dentro da Economía Feminista. As súas principais liñas de investigación son a análise económica da desigualdade e da pobreza e as interaccións entre Economía e Xénero, especialmente no que se refire ás desigualdades orixinadas no mercado laboral: desemprego, discriminación salarial e segregación ocupacional por razón de xénero, raza, clase, status migratorio e orientación sexual. Na actualidade está a traballar en temas relacionados coa segregación escolar e a desigualdad de oportunidades educativas. Nestes traballos realizáronse tanto achegas metodolóxicas, relacionadas coa medición da desigualdade, pobreza, discriminación e segregación, como estudos empíricos a nivel de Galicia, España, Europa e EE.UU. Pertence ao centro de investigación interuniversitario ECOBAS (Economía e Administración de Empresas para a Sociedade) e a rede de investigación EQUALITAS (Economía da Desigualdade e Análise da Pobreza). Foi a primeira directora da Área de Igualdade da Universidade de Vigo. En 2016 recibiu o Premio de Igualdade Ernestina Otero Sestelo, outorgado polo Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.