Department: Análise e intervención psicosocioeducativa

Centre: *Facultade de Educación e Traballo Social

Campus: Ourense

Area: Social Work and Social Services

Research group: Social Work Studies Group: Research and Transfer

Email: carmenverde@uvigo.es

Doctor by the Universidade de Santiago de Compostela with the thesis El Pensamiento de Claude Adrien Helvétius, entre la ilustración y el liberalismo 1998. Supervised by Dr. Esperanza Guisán Seijas.

Carmen Verde Diego é licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación, Doutora en Filosofía Política e Moral, e Diplomada en Traballo Social. É DOCENTE na Universidade de Vigo (Uvigo) dende 1998, especialmente no Grao en Traballo Social pero tamén en Posgrao/Bienios de Doutoramento/Máster como: Máster de Investigación Psicosocio-Educativa con Adolescentes en Contextos Escolares (2002-2014); Máster en menores en situación de desprotección e conflito social (2006-ata o de agora); Programa de Doutoramento: Xestión e resolución de conflitos: familia, menores e xustiza terapéutica (2016-ata o de agora); Especialista en Autonomía de mozos e mozas no sistema de protección (2021-2022). Forma parte da Comisión do Máster Universitario en “Menores en situación de desprotección e conflito social” e da Comisión do Programa de Doutoramento “Xestión e resolución de conflitos: menores, familia e xustiza terapéutica” dende a súa creación e ate o de agora. Ata o curso 2023-24 dirixiu 4 teses defendidas, e dirixe 7 en curso; máis de 40 Traballos Fin de Mestrado, Diplomas de DEA e Traballo Fin de Mestrado; e máis de 100 Traballos Fin de Grao. Desempeñou CARGOS directivos de interese científico, académico e profesional: Directora do Departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa da Uvigo (2012-2018); Coordinadora do Grao en Traballo Social da Uvigo (2014-2018); Coordinadora de Calidade do Grao en Traballo Social da Uvigo (2017-2018). Membro da Xunta de Goberno do Consejo General del Trabajo Social (España, 2010-2018) desempeñando diversas funcións e representando á organización en encontros internacionais en Estocolmo, Australia, Uruguay.... Desde 2018 é membro da Comisión Académica do Diploma de Especialización en Intervención Familiar, da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade da República do Uruguay (Intercambio, asesoramento e participación internacional en Xulgados); Desde 2020, é Membro do Consello Científico Asesor do Doutoramento en Traballo Social da Universidade Nacional de Mar del Plata (Argentina); Foi seleccionad para avaliar proxectos de investigación pola Comisión Sectorial de Investigación Científica da Universidade da República, Uruguay (CSIC_UDELAR, 2019). Ocupou cargos de responsabilidade en REVISTAS CIENTÍFICAS. Directora (2013-2018) e membro do consello de redacción (2010-2018) da revista Servicios Sociales y Política Social (ISSN: 1130-7633) (Premio de Xornalismo Social da Fundación Grupo Ineprodes, 2014); Vicesecretaria, Membro do Consello de Redacción (1990-2001) e do Consello de Redacción (1990-ata o de agora) de Télos, Revista Iberoamericana de Estudos Utilitarios indexada en Philosopher's Index, etc. Ademais, é REVISORA E VALORADORA de publicacións e revistas nacionais e internacionais como British Journal of Social Work (JCR, Q1); European Journal of social work (JCR, Q1); Health & Social Care in the Community (JCR, Q1), etc. Tamén participou como Vogal, Secretaria ou Coordinadora da organización, Vogal ou Coordinadora do Comité Científico, etc. en máis de trinta (30) CONGRESOS, XORNADAS, ou eventos de carácter científico-profesional. Presentou máis de cincuenta (50) COMUNICACIÓNS E/CONFERENCIAS POR ENCARGO en Congresos, Seminarios, Cursos de Expertos... No ámbito máis profesional, foi Presidenta de SOS RACISMO-GALICIA desde a súa constitución en 1997 ata 2013 (Entidade 2/97 Rexistro da Xunta de Galicia), e membro electo da Coordinadora Nacional da Federación das asociacións SOS-RACISMO. As súas principais liñas de investigación son: A historia, a epistemoloxía e a ética do traballo social; Traballo social crítico; Servizos sociais; Infancia e Adolescencia; Familia; Ciclos de vida; Migración; Perspectiva de xénero. Coordina o Grupo de investigación GETS-IT desde a súa creación en 2021.