Departamento: Tecnoloxía electrónica

Centro: Escola De Enxeñaría De Telecomunicación

Campus: Vigo

Área: Tecnoloxía Electrónica

Grupo de investigación: EEE Enxeñería de Equipos Electrónicos

Correo: mvaldes@uvigo.es

Doutora pola Universidad de Vigo coa tese Metodos de enseñanza y de diseño de sistemas basados en conjuntos configurables de puertas 1998. Dirixida por Dr/a. Enrique Mandado.

María Dolores Valdés Peña (1967, Santa Clara, Cuba) gradouse pola Universidade Central das Vilas (Cuba) en 1990 e doutorouse pola Universidade de Vigo (España) en 1997, ambas en Enxeñería de Telecomunicación. De 1990 a 1993 traballou como enxeñeira de I+D na empresa COPEXTEL (Cuba). En 1993 comezou os estudos de doutoramento na Universidade de Vigo (Cum Lauden) recibindo o Premio Extraordinario de Doutoramento en 1997. Desde 1998 é profesora no Departamento de Tecnoloxía Electrónica da Universidade de Vigo. Os seus intereses de investigación inclúen o deseño de sistemas reconfigurables baseados en Field Programmable Gate Arrays (FPGA) aplicados a sistemas de adquisición e acondicionamento de datos, procesamento e control dixital de sinais, redes de sensores inalámbricos, redes neuronais e Field-Programmable SoCs (FPSoCs) para aplicacións industriais. Participou en 17 proxectos de investigación competitivos financiados por entidades públicas e 5 contratos de investigación, sendo IP de dous deles. Estes traballos deron lugar a un total de 25 publicacións cun recoñecido índice de calidade, 2 libros publicados por prestixiosas editoriais internacionais (Thomson Publishing e CRC Press), 6 capítulos de libro, 88 contribucións a congresos e 1 patente nacional (P200301238). Foi recoñecida con 3 sexenios de investigación. Colaborou con grupos de investigación internacionais como o INESC-IDE de Lisboa (Portugal), a PUCRS (Brasil) e a Virginia Commonwealth University (EE.UU.). Estas colaboracións deron lugar a diversas publicacións científicas. En 2011 realizou unha estancia de investigación na Universidade de Miami (EEUU). O obxectivo da investigación foi aplicar técnicas de procesamento de imaxes para detectar patógenos en auga de mar. Foi subdirectora do Departamento de Tecnoloxía Electrónica da Universidade de Vigo (2012-2018, 2024- ata a actualidade), coordinadora do programa de #Máster «Aplicacións de Procesado de Sinal en Comunicacións» (Universidade de Vigo, 2011-2015), coordinadora do curso de posgrao «Deseño e implementación de sistemas de procesado de sinal en FPGAs» (2006-2010) e responsable de publicacións de dous congresos internacionais do IEEE (ISIE 2007 e EWME 2002). Desde 2006 é membro do IEEE e desde 2024 é editora asociada do IEEE Open Journal of the Industrial Electronics Society. Algunhas das súas contribucións máis relevantes son: 1. S. Vazquez, D. Marino, E. Zafra, M. D. Valdés, J. J. Rodriguez-Andina, L. Garcia Franquelo, M. Manic, "An Artificial Intelligence Approach for Real-Time Tuning of Weighting Factors in FCS-MPC for Power Converters", IEEE Transactions on Industrial Electronics, doi:10.1109/TIE.2021.3127046. 2. C. Quintáns, M.D. Valdés, A.M. Cao, M.J. Moure, J. Marcos, "Calibration and Uncertainty Evaluation of a Measurement System Using MLE: Application to a U-Bent RI POF-Sensor", IEEE Transactions on Instrumentation and Measurement, vol. 70, pp. 1-10, 2021, doi:10.1109/TIM.2021.3087837. 3. M.D. Valdés, J.J. Rodriguez-Andina, M. Manic, "The Internet of Things: The Role of Reconfigurable Platforms", IEEE Industrial Electronics Magazine, vol. 11, no. 3, pp. 6-19, 2017, doi:10.1109/MIE.2017.2724579. 4. J.J. Rodríguez, M.D. Valdés, M.J. Moure, "Advanced Features and Industrial Applications of FPGAs - A Review", IEEE Transactions on Industrial Informatics, vol. 11, no. 4, pp 853-864, 2015, doi:10.1109/TII.2015.2431223. 5. M. D. Valdés, et. al., "Design and Validation of Configurable Online Aging Sensors in Nanometer-Scale FPGAs", IEEE Transactions on Nanotechnology, vol. 12, no. 4, pp. 508-517, 2013, doi:10.1109/TNANO.2013.2253795