Departamento: Lingua española

Centro: Facultade de Educación e Traballo Social

Campus: Ourense

Área: Lingua Española

Grupo de investigación: HO6 Gramática, Discurso e Sociedades (GRADES)

Correo: virginia@uvigo.es

Os meus intereses como investigadora téñense centrado na análise das interaccións naturais ou espontáneas en castelán e galego, abordando cuestións como a estrutura e funcións da fala cotiá ou coloquial, os estilos discursivos de xénero, a fala de mulleres e homes, acontecementos e xéneros conversacionais (chismes, queixas, narracións, humor), as alternancias entre galego e castelán e, máis recentemente, o uso de vocativos e marcadores conversacionais. Nos últimos anos traballei tamén no ámbito da política e planificación lingüística, publicando algúns estudos sobre Política Lingüística Familiar (FLP) no contexto galego.