MANUEL
VILARES FERRO
CATEDRATICO/A UNIVERSIDADE - TEMPO COMPLETO
Saila: Informática
Ikastegia: E. S. De Enxeñeria Informática
Campusa: Ourense
Eremua: Konputazio Zientzia eta Adimen Artifiziala
Ikerketa taldea: COmputational LEarning
E-maila: vilares@uvigo.es
Web-orri pertsonala: https://www.grupocole.org/
Licenciado en Matemáticas (1987) con Grao (1988) pola Univ. de Santiago de Compostela e Doutor en Informática pola de Niza-Sophia Antipolis (Francia) (1992). En 1987-88 traballa no proxecto MODULEF do INRIA (Rocquencourt, Francia) con Michel Bernardou. Obtén o Mastère Spécialisé en Génie Logiciel (Label deas Grandes *Écoles) (1987-88) do CERICS en Sophia-Antipolis, onde é experto externo en 1989-91 e convidado en 1993. Simultaneamente é investigador do proxecto CHLOE (INRIA) baixo a dirección de Bernard Lang e participa en proxectos europeos ESF. En 1991 chega á Univ. da Coruña, onde é titular de universidade (1994-2001), ano no que gaña unha cátedra na de Vigo, onde coordina ao grupo COLE, recoñecido como de Referencia Competitiva pola Xunta de Galicia. O seu ámbito é o Procesamento da Linguaxe Natural. Dirixe 8 proxectos nacionais con outros grupos e coordina 4 deles, a máis diso 7 da Xunta de Galicia, 5 coordinados e asumindo esta tarefa en 2 casos. Dirixe 3 accións integradas España/Francia e 1 España/ Portugal. Coordina (2006-14) a Rede Galega de Procesamento da Linguaxe e RI, e desde 1995 o convenio entre as Univs. de Vigo e A Coruña co Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, no desenvolvemento dun etiquetador do galego. Dirixe contratos con empresas (3.14 Financial Contents, Feuga, ...) e participa noutros (Telémaco S.L., ASEM, ...), no dominio comentado. Coordinou na Univ. de Vigo o ESF Research Networking Programme: Evaluating Information Access Systems. No campo dos Sistemas de Tempo Real, colabora co Centre de Mathématiques Appliquées da École Nationale Supérieure deas Mines de Paris e con profesionais de empresas emblemáticas (Marcel Dassault Aviation). Conta con 6 sexenios CNEAI e o Complemento á Excelencia Curricular da Xunta de Galicia con 7'25 tramos consolidables. Dirixiu 11 tese doutoral, 3 con premio extraordinario de doutoramento e 5 con Mención Europea/Internacional. Imparte 16 conferencias convidadas en centros de I+D+i, nacionais (CSIC, UAB, UCM, USC, ...) e internacionais (PSA Peugeot-Citroën, INRIA, EPFL, Univ. Paris VII, INESC, ...). Foi revisor en Tribunais para a Habilitación para Dirixir Investigacións (HdR) en Francia en 3 ocasións. Membro de 15 tribunais de teses, nacionais (11) e internacionais (4), presidindo en 3 ocasións. Autor de 2 libros, 7 capítulos de libros, 40 artigos en revistas JCR, 26 artigos noutras revistas e 60 relatorios en congresos con proceso de revisión por pares e publicación de actas, a maioría deles (53) internacionais. Asumiu a Presidencia do Comité Organizador de 5 conferencias internacionais (SEPLN'00, AGP'99, AGP'98, TAPD'00 e TAPD'98), participando habitualmente nos Comités Científicos de congresos indexados nos clasificación GGS e CORE (ACL, ACM, CIKM, COLING, ...) e como revisor en revistas JCR (Expert Systems with Applications, Information Processing & Management, Journal of the ACM, ...).