
MARCOS
DOPICO CASTRO
TITULAR DE UNIVERSIDADE - TEMPO COMPLETO
Departamento: Debuxo
Centro: Facultade de Deseño
Campus: Pontevedra
Área: Debuxo
Grupo de investigación: Tracker. Laboratorio Visual
Correo: mdopico@uvigo.es
Doutor pola Universidade de Vigo coa tese Diseño y continuidad del proyecto moderno en una era global. Propuestas de un diseño tipográfico neomoderno 2009. Dirixida por Dr/a. Anna Calvera, Dra. Sol Alonso Romera.
Licenciado en Belas Artes coa especialidade de Deseño e Audiovisuais (1997), Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo (2009) e docente en deseño desde 2002. É profesor titular de universidade na Facultade de Deseño do Campus de Pontevedra (2022). Impartir docencia nas materias de Fundamentos de tipografía, Deseño de tipografía e Deseño de Identidade Corporativa do Grao en Deseño e no Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda da Universidade de Vigo. Ademais, é docente nas materias de Deseño editorial e tipográfico no Máster en Dirección de Arte en Publicidade da Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo. Como profesional do deseño traballa no campo do deseño gráfico, especializándose no deseño de tipografía. É pioneiro no deseño de tipografía en Galicia a través da súa fundición tipográfica MaisTypes. Pertence ao Grupo de Investigación DX7: Tracker Laboratorio Visual e o seu labor investigador inclúe as áreas de influencia da modernidade na tipografía contemporánea, a tipografía na identidade corporativa e a relación entre tradición e identidade no deseño en Galicia. Participa como profesional do deseño nas exposicións colectivas: - A creación do necesario: Aproximacións ao deseño do século XX en Galicia, no museo MARCO de Vigo (2004); *Arte, artesanía, deseño e sustentabilidade en Galicia no século XXI* no Centro Torrente Ballester de Ferrol (2016); - Formas do deseño. Galicia XXI no Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela (2019) - From Spain With Design: Identidade e territorio, mostra itinerante no CGAC Centro Galego de Arte Contemporánea en Santiago de Compostela (2021-2022), Reitorado da Universidade de Aveiro (Portugal) (2022), Museo da Ciencia e da Auga de Murcia (2022) e Palau de les Comunicacions de Valencia (2022). - Porto Design Biennale 2023: Galicia. Procesos e formas. Unha historia do deseño en Matoshinhos (Portugal). Comisariou a exposición A Galicia deseñada: Signos, símbolos e identidades gráficas (2022-2023) na Sala Normal: Espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña. En 2023 obtén un premio Laus de Bronce outorgado polo ADG-FAD na categoría Lettering-Tipografía experimental, participando na mostra El millor disseny de l’any no Museo do Deseño de Barcelona. Publicou os libros: - Propuestas para un diseño normal*, Ellago Ediciones: Castellón (España), 2009, - Arqueoloxía tipográfica: A evolución dos caracteres de pau seco, Campgrafic Editors: Valencia (España), 2011 - A Galicia deseñada: Símbolos marcas e identidades gráficas. Ed. Fabulatorio / Universidade da Coruña, 2024. Entre 2011 e 2015 foi Director da Área de Imaxe Corporativa da Universidade de Vigo, responsable da implantación da súa identidade corporativa. Entre 2015 e 2019 foi Vicedecano de Calidade da Facultade de Belas Artes e Coordinador do Grao en Belas Artes. En 2019 é nomeado Decano-Comisario para a creación da Facultade de Deseño da Universidade de Vigo, iniciando a súa docencia no curso 2023/2024 coas titulacións de Grao en Deseño e Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda. Desde 2024 é Decano da Facultade de Deseño da Universidade de Vigo. É socio fundador da DAG Asociación Galega de Deseño e presidente desde o 2011 ao 2014.