Departamento: Psicoloxía evolutiva e comunicación

Centro: Facultade de Educación e Traballo Social

Campus: Ourense

Área: Psicoloxía Evolutiva e da Educación

Grupo de investigación: HI9 Psicoloxía da Educación e Desenvolvemento da UVigo

Correo: visarmiento@uvigo.es

Doutor pola Universidade de Vigo coa tese Dificultades de aprendizaje en el dominio aritmético y en el procesamiento cognitivo subyacente 2008. Dirixida por Dr/a. Manuel Deaño Deaño.

Valentín Iglesias-Sarmiento, profesor da universidade de Vigo dende 2014, é doutor en Psicoloxía e ten un máster en Intervención Psicolóxica no Desenvolvemento e na Educación, con especialidade en trastornos do desenvolvemento e discapacidade. Actualmente, é membro de dous grupos de investigación: o de Psicoloxía da Educación e do Desenvolvemento da Uvigo, e o de Aproximacións Teóricas e Aplicadas ao Estudo do Funcionamento Executivo da UNED. Nos últimos anos, liderou e participou activamente en varios proxectos competitivos. A súa investigación actual céntrase nos precursores do rendemento académico, a cognición matemática, o funcionamento executivo, así como no desenvolvemento tanto típico como atípico nas aulas de Educación Infantil e Primaria, e nas dificultades globais e específicas do aprendizaxe. Como resultado do seu traballo investigador, publicou varios artigos en revistas de impacto.