AIDA
ROSENDE PEREZ
PROFESOR/A CONTRATADO/A DOUTOR/A - TEMPO COMPLETO
Departamento: Filoloxía inglesa, francesa e alemá
Centro: Facultade de Filoloxía e Tradución
Centro de Investigación Interuniversitario: CISPAC
Campus: Vigo
Universidad: Universidade de Vigo
Área: Filoloxía Inglesa
Grupo de investigación: BiFeGa Grupo de Investigación en Estudos Literarios e Culturais, Tradución e Interpretación-
Correo: aida.rosende@uvigo.es
Doutora pola Universidade de Vigo coa tese Bodies in transit transnational feminist politics and Emer Martin's Baby Zero (2007) 2015. Dirixida por Dra. María Belén Martín Lucas.
Aida Rosende Pérez é doutora internacional en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo, e a súa tese doutoral recibiu o Premio de Doutoramento en Artes e Humanidades desa mesma universidade, así como o Premio Inés Praga á Mellor Tese Doutoral outorgado pola Asociación Española de Estudos Irlandeses (AEDEI). Forma parte do grupo de investigación de referencia competitiva en Estudos Literarios e Culturais, Tradución e Interpretación (BiFeGa), sendo IP da liña “Feminismos e Resistencias”, e é investigadora no Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC). As súas principais liñas de investigación céntranse na teoría feminista e os estudos de xénero aplicados á análise crítica de textos literarios e audiovisuais no ámbito anglófono. O seu traballo presta especial atención ás representacións literarias e culturais dos desprazamentos transnacionais das mulleres, especialmente aqueles que se producen a través do Oceáno Atlántico ou en/cara a países bañados polas súas costas, principalmente Irlanda e os Estados Unidos. Na actualidade, traballa nunha nova liña de investigación que explora as teorías da supervivencia dos feminismos negros a través do estudo da respiración como proceso material e recurso poético-estético con profundas implicacións éticas e políticas na obra de autoras e cineastas negras. Forma parte do proxecto “Communitas/Immunitas: ontologías relacionales nas culturas atlánticas anglófonas no século XXI” (PID2022-136904NB-I00) do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación.