Intervencións no patrimonio galego para a industria hostaleira
- Lorenzo Aspres, Alberta
- José Ramón Soraluce Blond Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 21 de outubro de 2014
- Ramón Yzquierdo Perrín Presidente/a
- Enrique Manuel Blanco Lorenzo Secretario/a
- José Manuel García Iglesias Vogal
- M. Yolanda Barriocanal López Vogal
- María Elisa Alén González Vogal
Tipo: Tese
Resumo
O home realizou dende os tempos máis remotos construcións arquitectónicas para moi diversos fins e usos, adaptando a súa morfoloxía e características tipolóxicas a esas necesidades, acordando a súa estrutura e forma coa función que debían cumprir. Pero tamén foi unha constante a reutilización desas construcións e dos seus materiais en épocas posteriores para usos diferentes, o que supuxo destrucións e modificacións importantes que, en ocasións, engadían e aportaban novos elementos, transformando o monumento orixinal noutra construción híbrida, froito do seu devir histórico, enriquecéndollo en moitos casos e desvirtuándollo noutros. A introdución na historia do monumento dun novo programa pon de manifesto varias cuestións: ¿como adaptar? ¿como transformar? ¿como rehabilitar? Pero nos casos en que devanditos monumentos son recuperados para a industria hoteleira xurde unha nova pregunta: ¿ata que punto é sacrificable a súa memoria arquitectónica para desempeñar a nova función de xeito racional e rendible?