Escritores galegos diante do cinema no período do franquismo
- Anna Amorós Pons Director
- Ángel Luis Hueso Montón Director
Defence university: Universidade de Vigo
Fecha de defensa: 19 November 2015
- Emilio Carlos García Fernández Chair
- Montserrat Vázquez Gestal Secretary
- José Manuel González Herrán Committee member
Type: Thesis
Abstract
Respondendo ao título da tese, ¿Escritores galegos diante do cinema no período do franquismo¿, tomando o termo na escrita en todas as súas modalidades de expresión, a investigación estrutúrase en catro grandes capítulos para marcar os diferentes coutos literarios desde os que se materializaron as distintas achegas, ao longo das décadas que ocupou o franquismo na historia española do século XX, con diferente amplitude e intensidade. Os catro capítulos son: a) Xornalistas, dramaturgos, novelistas, ensaístas, narradores e guionistas; b) Galegos pioneiros e graduados na formación cinematográfica; c) Teorización cinematográfica; d) Na diversidade, o eventual e a singularidade (1936-1975), neste caso subdividido en dous bloques, o vinculado ao galeguismo cultural da Xeración Nós, e unha tipoloxía de autores colaterais en base ao seu diferente e variado grao de afinidade co cine. A tese pon o foco con prioridade na descuberta e recuperación de autores esquecidos ou apenas tratados na historiografía cinematográfica galega e española, abeirando aqueles autores xa amplamente estudados e analizados en investigación e publicacións anteriores, matizando a súa condición de campo aberto a novas incorporacións por tratarse dun amplo tempo cronolóxico. Finalmente, entre as súas conclusións, a tese confirma o importante papel xogado por varios intelectuais e escritores galegos na creación en 1947, do Instituto de Investigaciones y Experiencias Cinematográficas (IIEC), institución fundamental na formación cinematográfica que a comezos dos anos 60 derivaría a Escuela Oficial de Cinematografía (EOC).