Poetas del "Cancionero de Palacio"(SA7)Gonzalo de Torquemada, Sarnés y Juan de Padilla. Edición y estudio de su poesía
- Martínez García, Paula
- Cleofé Tato García Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 07 de xullo de 2017
- Ángel Gómez Moreno Presidente/a
- Antonio Chas Aguión Secretario
- Isabella Tomassetti Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Gonzalo de Torquemada, Sarnés e Juan de Padilla son tres autores de cancioneiro, até agora pouco atendidos nos estudos cancioneirís, talvez polo seu reducido corpus poético (motivo polo que foron considerados menores). Para cada un deles, ofrezo a edición crítica completa da súa produción, da que o Cancionero de Palacio é testemuña principal (e codex unicus en Torquemada); preceden á edición o estudo da transmisión textual, as principais características da súa poética e unha aproximación aos perfís históricos destes tres vates, partindo sempre da información aportada polos textos. Se Torquemada se revela como o iniciador do xénero da glosa na lírica castelá, Padilla e Sarnés compoñen unha das escasas mostras de tensó nas nosas letras; ademais, Sarnés e Torquemada son dous dos nombres que, coas súas plumas, poetizan a obtención do galardón, motivo que nos permite relacionalos entre sí y, ao tempo, diferencialos de Padilla, versificador do lamento amoroso, se ben nos legou tamén algunha mostra de poesía satírico-burlesca. Motivos temáticos pouco comúns, xogos poéticos e xéneros infrecuentes fan que estes poetas destaquen dentro da extensa nómina de autores de cancioneiro.