O Teatro Circo na configuración do teatro independente galego(1967-1978)
- Lourenço-Módia, Cilha
- Laura Tato-Fontaíña Zuzendaria
Defentsa unibertsitatea: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 2013(e)ko otsaila-(a)k 22
- María Pilar García Negro Presidentea
- María Teresa López Fernández Idazkaria
- Gonzalo Navaza Blanco Kidea
- Aurora Marco López Kidea
Mota: Tesia
Laburpena
A presente tese ten como obxectivo realizar unha análise pormenorizada das actividades dramáticas e culturais do TEATRO CIRCO da Coruña, o primeiro colectivo galego plenamente identificado co Teatro Independente e o máis representativo deste movemento. Consoante con este obxectivo, escolleuse como faixa cronolóxica de estudo o período 1967-1978. A primeira data coincide coa fundación do TEATRO CIRCO; a segunda correspóndese coa súa profesionalización –co nome de ESCOLA DRAMÁTICA GALEGA–. A partir da descrición da traxectoria do TEATRO CIRCO, determinaranse non só os postulados ideolóxico-estéticos e o traballo escénico e investigador do grupo, mais tamén dos colectivos independentes galegos actuantes durante o franquismo; e, asemade, procurarase estabelecer a relevancia da experiencia independente, decisiva para a recuperación, modernización e proxección do teatro galego. A través do percorrido trazado neste traballo ficará patente a relación do TEATRO CIRCO cos grupos independentes da Península Ibérica e o papel paradigmático que este desempeñou no panorama teatral da Galiza da altura, reducido á actividade en castelán dos colectivos comerciais e de Cámara. Comprobarase que, seguindo o exemplo do TEATRO CIRCO, xurdiron no país un bo número de agrupacións inseridas en maior ou menor grao no independentismo teatral e que conformaron o «Movemento do Teatro Galego».