Análisis de errores en la interlengua de aprendices brasileños de español

  1. Peixoto Feliciano, Maria Cristina
Dirixida por:
  1. Nancy Vázquez Director
  2. Joaquín Sueiro Justel Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 04 de decembro de 2019

Tribunal:
  1. Graciela Vázquez Presidente/a
  2. Inmaculada C. Báez Montero Secretaria
  3. Ana María Ruiz Martínez Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 609755 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Esta investigación é unha análise de erros da interlengua de aprendices brasileiros de español na Lincenciatura em Letras português-espanhol e suas respectivas literaturas da Universidade Federal do Ceará. Está inscrita no ámbito da lingüística aplicada, especificamente, na lingüística contrastiva. Identificamos os erros gramaticales máis frecuentes nos estadios do proceso de aprendizaxe, as súas causas, cales persisten ao final do cuarto curso académico e a influencia da lingua materna durante a aprendizaxe. No primeiro capítulo, abordamos o estado da cuestión, centrándonos no contexto da investigación: o ensino do español en Brasil. No segundo capítulo, tratamos os fundamentos teóricos e metodolóxicos. No terceiro capítulo, desenvolvemos a análise de erros de mostras escritas e orais de alumnos dos catro cursos académicos. Clasificamos os erros seguindo o criterio gramatical, etiológico e lingüístico. No cuarto e último capítulo, propoñemos actividades para o nivel básico empregando as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), centradas nas áreas gramaticales máis difíciles para os informantes. Con esta tese desexamos contribuír ao proceso de ensino-aprendizaxe de alumnos universitarios brasileiros de español durante a súa formación académica.