Innovative smart probes for molecular imaging applications

  1. Pujales Paradela, Rosa
Dirixida por:
  1. David Esteban-Gómez Co-director
  2. Carlos Platas-Iglesias Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 25 de marzo de 2019

Tribunal:
  1. Socorro Castro García Presidente/a
  2. Gyula Tircso Presidente/a
  3. Laura Valencia Matarranz Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 585237 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O obxectivo principal da presente tese de doutoramento é o desenvolvemento de novos sistemas baseados en complexos metálicos para a súa aplicación como axentes de contraste na técnica de imaxe por resonancia magnética (IRM). Para acadar este obxectivo, o estudio engloba o deseño, síntese e caracterización de novos complexos metálicos dos ións lantánidos ou ións de transición (Mn2+ ou Ni2+), así como un estudo detallado das súas estruturas e propiedades fisicoquímicas, tanto en disolución coma no estado sólido. Ademais, tamén se levou a cabo o estudo in vitro da súa capacidade para actuar como axentes de contraste. Os estudos teóricos realizados coa teoría do funcional de densidade (DFT) proveron información estrutural dos complexos en disolución, así como información a nivel molecular, dos mecanismos que proporcionan resposta mediante IRM. Os compostos estudados neste traballo proporcionan resposta a frecuencias diferentes (1H ou 19F), ben mediante o mecanismo clásico de relaxación lonxitudinal (Mn2+, Gd3+), ou mediante o mecanismo de transferencia de saturación por intercambio químico. Este proxecto realizouse no marco da acción europea COST CA15209 (“European Network on NMR Relaxometry”), financiada pola Fundación Europea da Ciencia, e foi subvencionada con cargo aos proxectos de investigación “Nova Xeración de Axentes de Contraste Para Imaxe por Resonancia Magnética (IRM) Alternativos aos Derivados de Gadolinio” (CTQ2016-76756-P), “Novas Sondas Intelixentes para Aplicación en Imaxe Molecular” (CTQ2013-43243-P) e a axuda para contratos predoutorais para a formación de doutores asociada a este proxecto (Axuda FPI, BES-2014-068399), financiadas polo Ministerio de Economía e Competitividade. O traballo realizado durante este proxecto senta as bases para a obtención de novos produtos de aplicación médica con vantaxes competitivas respecto os compostos utilizados na actualidade.