Los criterios de localización en la industria auxiliar del automóvil de galicia
- Gómez Fraiz, José Santiago
- García Vázquez, José Manuel
ISSN: 1132-2799
Year of publication: 2001
Issue Title: A empresa galega ante o século XXI
Volume: 10
Issue: 2
Pages: 5-21
Type: Article
More publications in: Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Abstract
Resumo: Nos últimos anos a actividade industrial experimentou fortes transformacións como consecuencia da evolución seguida en plans como o tecnolóxico, o laboral ou o organizativo. Especialmente relevantes foron as repercusións no ámbito socioeconómico derivadas dos episodios de "cambio industrial". Unha das máis significativas, pola súa notoriedade, afectaría á distribución da industria no espacio. Habitualmente, eses episodios van acompañados de novas xerarquías nos factores de localización, o que dá lugar a novas pautas e criterios nas decisións de emprazamento das empresas. Polo tanto, asistimos, en primeiro lugar, ó auxe da grande empresa multinacional como elemento definitorio de tales pautas e, posteriormente, ó recoñecemento da capacidade de determinadas técnicas de xestión que deben influír no proceso localizador da industria. O sector do automóbil tivo un papel destacado e amosou unha gran capacidade dinamizadora. Técnicas de xestión como o xusto a tempo, a calidade total ou o desenvolvemento compartido afectaron profundamente ás relacións empregador-empregado e provedor-cliente, sinalando novas necesidades en materia de localización. Debido á transcendencia do sector na economía galega e ó feito de atoparse fortemente concentrado, pareceunos interesante determinar cáles son os factores que guían a industria auxiliar á hora de localizarse. Con iso tratariamos de contrastar se esa concentración pode responder á xeneralización do XAT como un estándar de xestión dentro do sector, ou si, pola contra, non é máis có resultado da casualidade ou do efecto das forzas aglutinadoras clásicas.