A enquisa na investigación sociolingüística
- Arias Fernández, María Antonia (coord.)
ISSN: 1576-7418
Año de publicación: 2002
Título del ejemplar: Técnicas de investigación social y sociolingüística
Volumen: 3
Número: 1
Páginas: 43-70
Tipo: Artículo
Otras publicaciones en: Estudios de sociolingüística: Linguas, sociedades e culturas
Resumen
O obxectivo do traballo é presentar unha descrición da enquisa estatística xa que constitúe un instrumento tradicionalmente vencellado á investigación cuantitativa orientada á observación e á análise da estructura social. A procura da cuantificación dos obxectos sociais segue sendo unha das tendencias máis salientables no proceso de elaboración de coñecemento científico, en especial desde as perspectivas teóricas positivistas. E en determinadas áreas da investigación sociolingüística a pertinencia da enquisa é indubidable. Trala definición e contextualización da enquisa, presentamos unha tipoloxía de enquisas e dedicamos un epígrafe ó cuestionario, dispositivo de mediación entre o investigador e a poboación analizada. A continuación, centrámonos na selección das unidades de observación e comentamos as características máis salientables das mostraxes de tipo probabilístico e de tipo non aleatorio. Finalmente, dedicamos un apartado específico ó tratamento dos datos e nel comentamos os aspectos teóricos e metodolóxicos máis salientables dos procedementos da descrición e da inferencia estatística