A situación actual da lingua galegaunha ollada desde a sociolingüística e a política lingüística

  1. Lorenzo Suárez, Anxo M.
Revista:
Galicia21: Journal of Contemporary Galician Studies

ISSN: 2040-7181

Ano de publicación: 2009

Número: 1

Páxinas: 20-39

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Galicia21: Journal of Contemporary Galician Studies

Resumo

Presentamos neste traballo unha descrición da situación sociolingüística da lingua galega en Galicia tendo en conta as dimensións diacrónica e sincrónica. No tocante á dimensión diacrónica, analizamos, por unha banda, o inicio do proceso de substitución social do galego polo castelán e, por outra, a xeración dunha ideoloxía lingüística favorecedora da recuperación social e cultural da lingua galega. No tocante á dimensión sincrónica contextualizamos o proceso de institucionalización e de política lingüística gobernalmental que se desenvolve en Galicia desde os anos 80 tras as mudanzas políticas que se derivan do cambio de réxime político en España despois da morte de Franco, a aprobación da Constitución de 1978 e a instauración do Estado das autonomías. O marco lingüístico implantado en Galicia e as políticas lingüísticas favorables á revitalización da lingua propia tiveron un determinado impacto na sociedade galega, e a súa análise permítenos avanzar algunhas tendencias de cara ao futuro.