A inserción laboral dos emigrantes en Bos Aires a través da prensa da colectividade galega, 1900-1930

  1. Hervella García, Gustavo
  2. Seijas Montero, María
Revista:
Estudos migratorios: revista galega de análise das migracións

ISSN: 1889-9609

Ano de publicación: 2008

Volume: 1

Número: 2

Páxinas: 85-102

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Estudos migratorios: revista galega de análise das migracións

Resumo

O que pretendemos neste estudo e aproximarnos ao traballo dos galegos na cidade de Bos Aires durante o primeiro terzo do século XX, utilizando como fonte principal a prensa étnica galaico-porteña, sobre todo os anuncios comerciais que nela se publicaron. O traballo céntrase en tres aspectos fundamentais: a ocupación dos galegos en Arxentina, a súa inserción laboral e os seus patróns esenciais. A través destes elementos podemos constatar una forte participación dos gaelgos nas actividades relacionadas co pequeño comercio, no que predominan de forma moi destacada os negocios dedicados ao textil, coiro e derivados. Foron tamén galegos aqueles negocios dedicados á restauración e alimentación como tamén os de hostalaría. No que respecta á situación na cidade riopratense, tamén comprobamos que existe una notable preferencia a asentarse en determinados barrios, que se converten, deste xeito, en lugares onde non só se tiña contacto cos paisanos, senon tamén onde se recibían as novas da parroquia de orixe, así como onde se formaron as primeiras microsociedades de instrucción.