A industria audiovisual e a formación de comunicadores para o sector en Galicia

  1. Alberto Pena
Revista:
Estudos de comunicación

ISSN: 1885-6632

Ano de publicación: 2005

Título do exemplar: A formación audiovisual en galicia

Número: 3-4

Páxinas: 37-45

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Estudos de comunicación

Resumo

A industria audiovisual galega está a evolucionar de forma exponencial nos últimos tempos, creando equipos profesionais competitivos, exportando as súas producións a novos mercados e deseñando novas estratexias creativas que esixen a colaboración de moitas institucións implicadas no proceso productivo. Neste contexto transformador, a formación dos profesionais desempeña un papel transcendental para consolidar e para contribuír decisivamente ao desenvolvemento de proxectos innovadores que convertan Galicia nun polo atractivo para un sector en expansión, que pode e debe contribuír a construír o universo simbólico galego no novo escenario da sociedade global. Neste caso, as tres universidades galegas están a apostar por unha formación de calidade que, necesariamente, achegará comunicadores audiovisuais que responderán aos retos do futuro.