Violencia sexual en mulleres e homesestudo preliminar
- E. Sueiro
- J.L. Dieguez
- A. López
ISSN: 1889-1187
Ano de publicación: 2009
Título do exemplar: A Psicoloxía Clínica para a Galicia do futuro
Número: 3
Páxinas: 543-551
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Psicoloxía clínica: anuario
Resumo
OBXECTIVOS: Coñecer a violencia sexual e as diferenzas en función do sexo. MATERIAL E METODO: Estudo descritivo transversal sobre a poboación alvo de 646 estudantes de todas as titulacións do Campus de Ourense, no curso 07-08, a quen se lle aplicou un inquérito estruturado, voluntario e anónimo para coñecer variábeis sociais e relacionadas coa violencia sexual. Os datos analízanse co programa SPSS/15. RESULTADOS: A idade media é de 20.86 anos (DT= 2.19) e o 29.39% é home. O 3.4% afirmou ter sido vítima de abuso sexual, o 0.6% telo sido de violación e o 3.6% de asedio sexual. Non encontramos diferenzas significativas (p>.05) entre ambos sexos nas variábeis estudadas de abuso, violación e asedio, salvo na referida á frecuencia do asedio, onde si hai (p<.05). CONCLUSIÓNS: Aínda que os resultados lanzan porcentaxes pequenas de violencia sexual, esta segue a existir e a ser relevante. Os profesionais da saúde debemos desenvolver programas que reduzan este risco sexual, encamiñados tanto cara as vítimas como cara as persoas que agriden.