Cambio de sentidoprograma de prevención en autoescolas do alcolismo xuvenil

  1. Manuel Isorna Folgar
Aldizkaria:
Psicoloxía clínica: anuario

ISSN: 1889-1187

Argitalpen urtea: 2009

Zenbakien izenburua: A Psicoloxía Clínica para a Galicia do futuro

Zenbakia: 3

Orrialdeak: 754-761

Mota: Artikulua

Beste argitalpen batzuk: Psicoloxía clínica: anuario

Laburpena

A gravidade e repercusión do abuso do alcol e outras drogas na nosa sociedade e incuestionábel. Pero o fenómeno máis alarmante a nivel social é a asociación existente entre o consumo de drogas, as noites de marcha e a condución. A OMS (2004) aconsella a adopción urxente de medidas preventivas e educativas que evitaran ou reduciran o número de acidentes relacionados con esta causa. A ausencia de autocrítica e concienciación do perigo que o consumo de drogas xera no conductor e a falta de responsabilidade individual en temas de consumo, constitúe un motivo suficiente de preocupación e de procura de solucións alternativas e de intervención con carácter preventivo na xuventude, idade onde maior probabilidade de risco existe. Consideramos que o paso dos xóvens por institucións e centros, léase autoescolas, de carácter educativo e formativo, é un bo lugar e momento para que reciban información formativa clara e realista sobre os efectos do consumo de drogas e a súa relación con acidentes de tráfico.