A represión franquista en Ourensenovos argumentos contra a desmemoria da persecución sufrida polo maxisterio

  1. Xosé Manuel CID FERNÁNDEZ 1
  1. 1 Universidade de Vigo
    info

    Universidade de Vigo

    Vigo, España

    ROR https://ror.org/05rdf8595

Revista:
Sarmiento: Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación

ISSN: 1138-5863

Ano de publicación: 2017

Número: 21

Páxinas: 73-99

Tipo: Artigo

DOI: 10.17979/SRGPHE.2017.21.0.4821 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openAcceso aberto editor

Outras publicacións en: Sarmiento: Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación

Resumo

A represión sufrida polo maxisterio en 1936 foi un proceso meditado e organizado para derrubar todo o que lembrase á escola republicana, tanto o seu soporte ideolóxico, como as innovacións metodolóxicas experimentadas nese curto período de renovación e democratización. Ourense foi unha das prazas fortes na consolidación da escola republicana –cunha poderosa asociación con conciencia de clase e unha revista vangardista–, e a resposta dos golpistas pódese cualificar de cruel e desproporcionada. Os amañados consellos de guerra, os paseos, a destitución e/ou inhabilitación para o exercicio da ensinanza, os traslados, as suspensións temporais de emprego e soldo foron as principais sancións a que se enfrontaban, e que padeceu aproximadamente un terzo dos máis de 1700 mestres da provincia. Os outros dous terzos non se libraron dun férreo control sobre a súa vida privada e o seu exercicio profesional. Moitos dos mais perseguidos evitaron o paso de “destituídos” a “paseados” aproveitando a solidariedade dos veciños, das organizacións de axuda a republicanos e das poboacións fronteirizas da raia portuguesa. Entre todas as acusacións, a pertenza á ATEO (Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense) era de alto risco, polo que os dirixentes tiraron de imaxinación para pórse a cuberto. De feito, o número de dirixentes da Asociación paseados redúcese a tres, que, ademais, non eran dos mais activos no seu funcionamento. A maior parte conseguiu exiliarse ou permanecer agochada

Referencias bibliográficas

  • Xosé Manuel Cid, “Mestres de Amoeiro na República. Leccións de dignidade que enfureceron aos sublevados franquistas”, en A barbarie silenciada. Amoeiro 1936, ed. Xosé L. Carrión, Javier Quintas, X. M. Cid e Raul Soutelo (Santiago: Fundación Luís Tilve, 2014), 76.
  • Armando Fernández Mazas, Política y Pedagogía. Memoria Teórica de un Maestro de la A.T.E.O. (Ourense: Ediciones Andoriña, 1990)
  • Juan M. Fernández Soria, “Desmemoria de la educación republicana en el franquismo”, en Entre el olvido y la memoria. Educación, mitos y realidades, ed. Teresa González Pérez (Valencia: Tirant lo Blanc, 2017), 73-104.
  • Juan M. Fernández Soria e Mª Carmen Agulló Díaz, “La memoria confiscada del Magisterio (1931-1945)”, en Memoria da Escola. Cultura material e testemuños da nosa Historia Educativa Contemporánea, ed. Mercedes Suárez Pazos, Xosé Manuel Cid Fernández e Carmen Benso Calvo (Vigo: Xerais. 2006).
  • Antón Costa Rico, Historia da educación e da cultura en Galicia (Vigo: Edicións Xerais, 2004), 1041 .
  • Ramon Luís Acuña, “Silencio amargo, “spleen” estoico”, en Actas do III Congreso Manuel Luís Acuña, ed. Xoán Carlos Domínguez Alberte e Xosé Manuel Cid Fernández (Santiago: Xunta de Galicia. 2008), 247.
  • Xosé Manuel Cid, Educación e ideoloxía en Ourense na IIª República (Santiago: Andavira. 2010, 2.ª ed.), 40.
  • Xosé Manuel Cid, Escola, democracia e República. Teorías e institucións educativas en Ourense durante a IIª República (Ourense: Concello de Ourense e Universidade de Vigo. 1994), 158-162.
  • Domingo Rodríguez Teijeiro, ‘Longa noite de pedra’ no Mosteiro de San Salvador. Represión e reclusión en Celanova (1936-1943) (A Coruña: Vía Láctea. 1999).
  • Xosé Manuel Cid Fernández, “O Pedagogo”, en Fundación Vicente Risco, Vicente Risco. O mestre sempre vivo (A Coruña: La Voz de Galicia, 2003), 76
  • Ramón Luís Acuña, “Acuña ou a forza interior” en Actas do I Congreso Manuel Luís Acuña, ed. Xoán Carlos Domínguez Alberte (Santiago: Xunta de Galicia, 2001), 23.
  • Xosé Manuel Cid Fernández, “Que dicir de Herdeiras desde a historia da educación?”, en Herdeiras. Muller, memoria, identidade (Libro e Video-CD con 10 temas musicais e a curta “Bucle” de Margarita Ledo Andión), ed. Carmen Penim (Vigo: Inquedanzas Sonoras, 2017), 45-51.
  • David Simón Lorda, Médicos ourensáns represaliados na Guerra Civil e a Posguerra (Santiago: Fundación 10 de Marzo, 2010).
  • Xosé Manuel Cid Fernández, Rosa Pons i Fábregas, unha mestra europea en Parada de Sil (Ourense: Nova Escola Galega/Concello de Parada de Sil, 2009).
  • Xosé Manuel Cid e Nuria Diéguez, “Els quaderns escolars de la mestra Rosa Pons i Fabegas, testimoni d’una nova pedagogia en escoles gallegues i catalanes”, en Imatges de l’escola, imatge de l’educació, ed. Francesca Comas, Sara González, Xabier Motilla e Bernat Sureda, (Palma: Universitat de les Illes Balears, 2014), 127-136.
  • Juan M. Fernández Soria e Mª Carmen Agulló Díaz, “La memoria confiscada del Magisterio (1931-1945)”, en Memoria da Escola. Cultura material e testemuños da nosa Historia Educativa Contemporánea, ed. Mercedes Suárez Pazos, Xosé Manuel Cid Fernández e Carmen Benso Calvo (Vigo: Xerais. 2006).
  • Armando Fernández Mazas, Política y Pedagogía (Ourense: Andoriña, 1990, 2.ª ed. 1995).
  • X. M. Cid, “Francisco Sierra Rodríguez, unha das primeiras víctimas da represión franquista sobre o maxisterio republicano,” Lethes, nº 9 (2009): 132-143.
  • X. M, Cid, “Antonio Caneda, outra vítima do franquismo, na memoria do maxisterio renovador”, Revista Galega de Educación, n.º 40 (2008): 174-179.
  • Alejandro Mayordomo e M.ª Carmen Agulló, La renovació pedagògica al país Valenciá (Valencia: Departament Educació Comparada e Historia de l’Educació, 2004).