La banca extranjera en España

  1. Corrás Arias, Manuel Ángel
Dirixida por:
  1. José A. Novo Peteiro Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 29 de xuño de 2020

Tribunal:
  1. José Ramón Cancelo de la Torre Presidente/a
  2. M. Pilar Cibrán Ferraz Secretaria
  3. José María Montero Lorenzo Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 628313 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O obxectivo desta tese é o estudo da Banca Estranxeira (BE) instalada en España. A motivación principal da mesma é a escaseza de literatura académica existente sobre o tema, en contraposición coa importancia cuantitativa e cualitativa da mesma, dentro do Sistema Bancario Español. A análise desagrégase por forma xurídica, sucursais e filiais, e nos denominados períodos pre-crise, 2008, e postcrise. Para iso, comezamos definindo a súa tipoloxía, así como as súas formas xurídicas, e realizamos un breve percorrido histórico desde a súa entrada no século XIX. Para o seu estudo, procedemos á análise descritiva da mesma e da cota de negocio alcanzada no conxunto de Entidades de Depósito. As liñas de traballo abordadas desagréganse en tres partes principais, a primeira, estuda os determinantes por país de orixe da BE instalada en España, a segunda, a localización elixida para o desenvolvemento da súa actividade, e, a terceira, analiza o grao de estabilidade alcanzado dentro do Sistema Bancario Español ao longo do período da mostra. As conclusións da mesma indican, no referente aos países de orixe, que a presenza da BE en España está positivamente correlacionada co grao de integración comercial cos países de orixe das entidades, que a instalación de filiais realízase maioritariamente por países desenvoltos e que o período post-crise non resultou un impedimento para a instalación de sucursais. En canto á localización provincial da BE, o obxectivo de procura de negocio e rendibilidade é a variable máis influinte na decisión para a súa instalación, confirmando os resultados a forte concentración de oficinas na provincia de Madrid, e un menor peso relativo para a de Barcelona, en relación coas súas cifras macroeconómicas no conxunto do país. Por último, podemos concluír que, a BE instalada en España, lonxe de ser rexeitada polo mercado, conseguiu un alto grao de estabilidade para un elevado número de institucións, con baixos índices de rotación ao longo do período estudado e que os últimos anos da mostra son os que producen unha maior volatilidade, confirmando a presenza da dummy crise como variable condicional no noso modelo.