Análisis del rendimiento, percepción de esfuerzo y recuperación y toma de decisión en el arbitraje del fútbol profesionalun estudio del caso

  1. Tenreiro-Gavela, Francisco
Dirixida por:
  1. Antonio Montero-Seoane Co-director
  2. Miguel Á. Saavedra-García Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 02 de novembro de 2020

Tribunal:
  1. Juan J. Fernández Romero Presidente/a
  2. Helena Vila Suárez Secretaria
  3. Rui Resende Silva Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 640598 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A presente investigación analiza o rendemento, a percepción de esforzo e recuperación e a toma de decisión en partidos oficiais dun árbitro profesional da primeira división do fútbol español. Analizáronse todos os partidos da temporada 2012-2013 nos que o suxeto de estudio foi designado coma árbitro principal (N= 19). Os instrumentos utilizados para a análise do rendemento foron un pulsómetro-GPS que portaba o árbitro e empregaba coma cronógrafo oficial en cada encontro, e a grabación en video dos partidos para a obtención de parámetros cinemáticos (duración, distancia percorrida, velocidade media e máxima, tempo en movimento, velocidade media en movimento) fisiolóxicos (frecuencia cardiaca media e máxima, gasto enerxético) e de toma de decisión de accións determinantes para o xogo (tarxetas amarelas, tarxetas bermellas, penaltis, concesión de gol). Para a análise da percepción de esforzo empregáronse as escalas RPE (Rating Perceived Exertion) de Borg e a escala CR10 de Borg modificada (Category scales with Ratio properties) mentres que, para a percepción da recuperación, empregáronse a escala TQR (Total Quality Recovery). Tras os resultados obtidos, pódese afirmar que a toma de decisión realízase baixo condicións de alta frecuencia cardiaca en relación coa velocidad de desprazamento. Neste senso, no momento da sinalización, a frecuencia cardiaca e a velocidade de desprazamento son máis elevadas que os valores promedio da totalidade de cada encontro.