Realidade aumentada e educaciónunha investigación sobre as súas posibilidades educativas

  1. Vasallo Barrueco, Noa
Dirigida por:
  1. Manuela Raposo Rivas Directora
  2. María Esther Martínez Figueira Directora

Universidad de defensa: Universidade de Vigo

Fecha de defensa: 14 de febrero de 2020

Tribunal:
  1. Manuel Cebrián de la Serna Presidente/a
  2. María Jesús Gallego Arrufat Secretario/a
  3. Joaquim José Jacinto Escola Vocal
Departamento:
  1. Didáctica, organización escolar e métodos de investigación

Tipo: Tesis

Resumen

Son diversos os estudos que avalan que,a través das novas tecnoloxías e a realidade aumentada, os suxeitos melloran a súa aprendizaxe e motivación cara os diferentes retos educativos plantexados. Para isto planificamos unha investigación con metodoloxía cualitativa descritiva na que realizaremos un estudo de caso único durante o curso académico 2017-2018 nun colexio da provincia de Ourense. Para a recollida de datos empregaremos: grupos de discusión tanto de profesorado coma de alumnado, rexistro de notas de campo e do nivel competencial, cuestionario de dispositivos móbiles e realidade aumentada, unidades didácticas, probas de coñecemento, instrumento de análise do recurso e fichas de rexistro de actividades/proxectos con realidade aumentada e m-learning. Todo isto ten coma obxectivo xeral avaliar e experimentar o valor educativo da realidade aumentada no derradeiro curso da Educación Infantil e primeiros cursos da Educación Primaria.