Características produtivas, da canal e da carne na raza autóctona porcina Celta
- Rodríguez Paz, Iván Manuel
- Antonio Iglesias Becerra Director
- Víctor Pereira Lestayo Director
- José Manuel Lorenzo Rodríguez Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 01 de decembro de 2019
- Daniel Jose Franco Ruiz Presidente/a
- Gonzalo Fernández Rodríguez Secretario/a
- Inmaculada Orjales Galdo Vogal
Tipo: Tese
Resumo
No presente documento realízase unha caracterización da raza porcina Celta, abordando aspectos que van dende o estudio de consanguinidade inicial, ata as propias característicasda carne e produtos cárnicos elaborados conela.As especiais características de rusticidade da raza porcina Celta permítenlle unha perfecta adaptación ás condicións de hábitat dos bosques autóctonos galegos, cargados de peculiaridades orográficas e climáticas, fan que estes animais poidan explotarse totalmente en réxime extensivo, obtendo deles uns produtos de calidade excepcional, moi demandados actualmente.Este sistema de explotación fai ademais a esta raza colaboradora no mantemento e control da biomasa vexetal e o embelecemento da contorna paisaxística, o que, unido ás súas peculiares características morfolóxicas, ás súas calidades reprodutivas e á calidadeorganoléptica dos seus produtos, fan que se lle deba prestar especial atención, de modo que se garanta a súa recuperación e conservación.