Sustainable Bioproduction of Volatile Fatty Acids Through Fermentation of Organic Wastes

  1. Iglesias-Iglesias, Ruth
Dirixida por:
  1. María C. Veiga Director
  2. Christian Kennes Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 12 de febreiro de 2021

Tribunal:
  1. Mario Díaz Fernández Presidente/a
  2. Ángeles Sanromán Braga Secretaria
  3. Luisa Seuanes Serafim Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 647774 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A situación medioambiental actual provocou un aumento da conciencia pública e política sobre a importancia de recuperar recursos dos residuos. Neste traballo abórdase o estudo da valorización de diferentes residuos orgánicos a través da fermentación acidoxénica para producir ácidos graxos volátiles (AGV). Os AGV son compostos con alto valor engadido no mercado con múltiples aplicacións na industria biotecnolóxica. Para a presente tese escolléronse para o estudo residuos orgánicos de diferentes fontes agroindustriais e urbanas xerados en grandes cantidades en Galicia. O potencial acidoxénico <lestes residuos avaliouse tanto en experimentos en modo descontiuo ( experimentos por batch) como en réxime semicontinuo en reactores a escala laboratorio. Ademais, estudouse o efecto de diferentes parámetros como o pH, a temperatura e o tempo de retención hidráulica, entre outros, sobre a produción de AGV. Tamén se levaron a cabo estudos onde se avaliou o efecto da co-dixestión entre residuos de diferente orixe na fermentación acidoxénica. Ademais, as poboacións microbianas implicadas no proceso de produción de AGV foron determinadas por técnicas de secuenciación masiva.