On the translation of verse form. Shakespeare's sonnets into Spanish

  1. Fernández Escudero, Tanya Elena
Dirixida por:
  1. Anxo Fernández Ocampo Director

Universidade de defensa: Universidade de Vigo

Fecha de defensa: 09 de decembro de 2020

Tribunal:
  1. Rui Carvalho Homem Presidente/a
  2. María Teresa Caneda Cabrera Secretaria
  3. Javier Franco Aixelá Vogal
Departamento:
  1. Tradución e lingüística

Tipo: Tese

Resumo

Este traballo aborda a tradución da forma poética a partir dun corpus de 69 traducións ao castelán dos Sonetos de Shakespeare publicados entre 1877 (cando apareceu a primeira tradución) e 2018. O estudo ocúpase principalmente de tres aspectos relacionados con esta cuestión, a saber, o discurso metatraductivo atopado nos prólogos dos tradutores sobre aspectos relativos á tradución da forma e baseados xeralmente na recorrencia de certos tópicos ou ‘memes de tradución’ (Chesterman, 1996, 1997); a tradución da forma externa ou macroestructura dos sonetos partindo da clasificación de Holmes das formas do ‘metapoema’ (1994), así como os mecanismos de repetición (principalmente a anáfora, o paralelismo e a aliteración); e, por último, ofrece unha reflexión do proceso de tradución da poesía formal baseado na tradución como recreación y desenvolvido a partires das interpretacións dos resultados obtidos nos capítulos previos e do discurso sobre tradución dende a esfera teórica. As cuestións abordadas, entón, poderían resumirse en tres preguntas sobre a tradución da forma poética: Que din os tradutores? Que fan? E como o fan?