"Nucella Lapillus L."Imposex after Tributyltin (TBT) Ban and Population Connectivity Studies

  1. Carro Espada, Belén
Dirigida per:
  1. Rodolfo Barreiro Codirector/a
  2. José M. Ruiz Codirector/a

Universitat de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 07 de de maig de 2021

Tribunal:
  1. Nuria Fernández Rodríguez President/a
  2. Juan Galindo Dasilva Secretari
  3. Alexander Richter Boix Vocal

Tipus: Tesi

Teseo: 658758 DIALNET lock_openRUC editor

Resum

O gasterópodo Nucella lapillus é o depredador máis común do intermareal rochoso do Atlántico Europeo. As súas poboacións víronse durante anos expostas ó tributilestaño (TBT), un contaminante que induce o desenvolvemento de caracteres sexuais maculinos en femias de gasterópodos (imposex). A altas concentracións leva á esterilidade e finalmente á extinción das poboacións. No 2003, e tras sucesivas regulacións, prohíbese o seu uso. N. lapillus é a especie bioindicadora oficial para a súa biomonitorización. Esta tese engade novos datos ós recollidos na costa galega dende o 1996 e comproba a eficacia da lexislación implementada. No medio mariño, a recuperación das poboacións depende da chegada de novos individuos. N. lapillus é unha especie de desenvolvemento directo cunha capacidade de dispersión limitada. Mediante o uso de marcadores AFLP, investigouse a súa estrutura xenética de poboacións para deducir a súa verdadeira capacidade de dispersión e polo tanto as súas opcións de recuperación. A mostraxe deseñouse para testar se as condicións hidrodinámicas inflúen no patrón xenético resultante. Ademais, realizouse un escaneo xenómico na procura de loci atípicos entre os AFLPs para pescudar se a exposición á ondada promove adaptación local baixo illamento. Por último, investigouse a estabilidade xenética temporal mediante a mostraxe de diferentes xeracións.