Caracterización molecular y fenotípica de recursos fitogenéticos de pimiento ("Capsicum spp.") y búsqueda de genes asociados a caracteres fenotípicos de interés

  1. González-López, Jorge
Dirixida por:
  1. Cristina Silvar Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 25 de xuño de 2021

Tribunal:
  1. Horacio Naveira Presidente/a
  2. Paloma Morán Martínez Secretaria
  3. Patricia Giraldo Carbajo Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 664074 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O pemento (Capsicum spp.) é un dos alimentos de orixe vexetal máis importantes. Cos procesos de domesticación e a selección de variedades concretas para o seu cultivo, a diversidade xenética inicial ficou moi reducida e os recursos fitoxenéticos volvéronse imprescindibles para preservala. Esta tese de doutoramento amplía o coñecemento de tres coleccións de recursos fitoxenéticos de pemento. En primeiro lugar levouse a cabo unha análise da variabilidade e estrutura xenética con vinte e oito marcadores microsatélite que desvelou unha marcada diferenciación C. annuum-non C. annuum e agrupacións menores segundo a especie e a orixe xeográfica e suxeríronse por primeira vez as posibles limitacións en traballos deste tipo. Ademais determinouse o perfil xenético de resistencia a enfermidades e punxencia co fin de identificar accesións candidatas a ser engadidas en programas de mellora. En segundo lugar, 48.109 marcadores SNVs desenrolados de novo mediante secuenciación masiva amosaron que as relacións entre accesións veñen dadas pola especie á cal pertencen, o seu lugar de orixe e características morfolóxicas. Finalmente analizáronse fenotipicamente os recursos fitoxenéticos e levouse a cabo unha análise de asociación GWAS cos datos moleculares, identificando oito marcadores SNP asociados a características agronómicas de interese.