"Eyes Wide Shut" de Stanley Kubrickrelatos soñados y deseos encadenados

  1. José Manuel López Fernández
Libro:
Nuevas perspectivas literarias y culturales (I CIJIELC)
  1. R. Hernández Arias (ed. lit.)
  2. G. Rivera Rodríguez (ed. lit.)
  3. D. Pérez Álvarez (ed. lit.)

Editorial: Universidade de Vigo

ISBN: 978-84-608-6759-3

Ano de publicación: 2016

Páxinas: 198-207

Tipo: Capítulo de libro

Resumo

"Eyes Wide Shut" (1999) está baseada en "Relato soñado" (1926) de Arthur Schnitzler, un dos grandes exploradores da brecha subxectiva aberta polo romanticismo e convertida en abismo pola psicoanálise. Na obra de Schnitzler as fronteiras desdibúxanse: entre a mente e o corpo, entre o soño e a realidade, entre o consciente e o inconsciente, entre o desexo e a morte. "Relato soñado" é unha condensación de todo iso, unha breve novela sobre as furiosas correntes do soño e do desexo que flúen baixo as relacións sociais. Schnitzler sitúa a acción naquela Viena "fin de siècle" percorrida polas forzas do inconsciente pero Kubrick trasládaa á Nova York de fin de milenio. A pesar destes cambios temporais e xeográficos, Kubrick realiza unha translación remarcablemente fiel da "novelle" de Schnitzler pero, como en todas as súas películas que parten de material literario, vai máis aló da adaptación canónica. Nesta comunicación pretendo demostrar como é o seu desexo insaciable de imaxe o que lle leva a prescindir da esperable voz en off para traducir o fluxo mental de Fridolin (que si contemplou nas primeiras versións do guión). Grazas a un uso mestre da gramática do cinema -especialmente os fundidos encadeados- veremos como Kubrick pon en imaxes o bulebule mental de William e eses “desexos escondidos e apenas sospeitados” que, en palabras de Schnitzler, “ata na alma máis pura e máis clara poden provocar turbios e perigosos remolinos”.