Rosalía entre as brétemaso Simbolismo literario e Rosalía de Castro

  1. Manuel Naveira Fuentes 1
  1. 1 Universidade de Vigo
    info

    Universidade de Vigo

    Vigo, España

    ROR https://ror.org/05rdf8595

Revista:
Cumieira: cadernos de investigación da nova Filoloxía Galega

Año de publicación: 2020

Número: 5

Páginas: 11-34

Tipo: Artículo

Resumen

A pesar das moitas páxinas vertidas ó redor da obra de Rosalía de Castro (1837- 1885), o certo é que aínda non atopamos un consenso claro sobre a consideración interpretativa que merece a súa posición xeral dentro da historia da literatura. Neste traballo realizo un breve percorrido ó longo de varios volumes historiográficos para tentar aclarar as diversas interpretacións que nos chegan a hoxe da obra rosaliana, á vez que das certas inconsistencias que nestas interpretacións podemos atopar ou de, mesmo, a súa insuficiencia. Unha vez aclaradas algunhas das incongruencias historiográficas a este respecto formulo unha nova tese: a da consideración de Rosalía de Castro como poeta veciña do Simbolismo literario de ascendencia francesa. Dous son os camiños que propoño para reforzar esta hipótese. En primeiro lugar, presento os principios do Simbolismo literario, dos seus autores máis destacados e da recepción que deste movemento se tivo no contexto do Estado español da época. En segundo lugar, e a modo de síntese de todo o traballo, enumero os trazos que se dan na obra rosaliana coincidentes cos do Simbolismo literario.