Study of the manganese effects on the nervous system of a vertebrate model, thezebrafish (Danio rer

  1. Alba González, Anabel
Dirixida por:
  1. Julián Yánez Director
  2. Mónica Folgueira Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 03 de febreiro de 2023

Tribunal:
  1. Manuel A. Pombal Diego Presidente
  2. Vanessa Valdiglesias Secretario/a
  3. Thomas Hawkins Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 774597 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O manganeso (Mn) é un metal traza esencial que requiren os humanos, sendo necesaria a súa homeostase para previr a súa toxicidade. Sábese que a sobreexposición ao Mn provoca a súa acumulación no cerebro, dando lugar a trastornos neurolóxicos, trastornos motores ou alteracións do comportamento, entre outros. Para estudar a lesión sináptica/neuronal xerada pola exposición química crónica, analízase a proteína sináptica neurogranina. Dado que os niveis desta proteína están alterados no cerebro dos pacientes con enfermidades ou trastornos neurolóxicos, podería considerarse un biomarcador prometedor da neurodexeneración. A pesar da súa relevancia, a súa distribución no sistema nervioso non está caracterizada no peixe cebra (Danio rerio, Teleostei). Esta tese doutoral céntrase no estudo do efecto que a sobreexposición de manganeso produce na expresión da neurogranina, así como no fenopito e no comportamento das larvas. Caracterizouse a distribución da neurogranina no encéfalo do peixe cebra durante o desenvolvemento embrionario e nos adultos. En comparación cos individuos control, as larvas sobreexpostas a manganeso mostraron unha redución da intensidade da reacción de inmunofluorescencia contra a neurogranina encefálica e unha regulación negativa da expresión de ARNm para os xenes que codifican esta proteína (nrgna e nrgnb), ademais de diferenzas fenotípicas. Do mismo modo, os embrións expostos a elevadas concentracións de manganeso mostran alteracións do comportamento tales como defectos posturais e redución da potencia motora e da preferencia á luz, aínda que non se aprecian diferenzas na resposta optomotora.