“Que ‘di’ o raposo?A raposa enmascarada: como o folclore afecta ás unidades fraseolóxicas
ISSN: 1698-7861
Datum der Publikation: 2020
Nummer: 22
Seiten: 159-192
Art: Artikel
Andere Publikationen in: Cadernos de fraseoloxía galega
Zusammenfassung
Fraseoloxía, cultura e identidade van da man, tal e como apuntan estudos de investigadoras como Ortiz Alvarez (2021) ou Masłowska (2020). Isto parece suxerir que a percepción que cada cultura ten do raposo acabará permeando na linguaxe e quedando fixa en todo tipo de unidade fraseolóxica (UF), cuxo sentido só poderá comprenderse se se ten en conta o abano de características asociadas tradicionalmente ao símbolo “raposo”. A través da análise de 125 unidades fraseolóxicas que conteñen referencias explícitas a este animal en diversas linguas, neste traballo pretendemos mostrar como as percepcións sobre a raposa se entrelazan ou diverxen dependendo da lingua que se analice co obxectivo de tratar de determinar cal é a identidade do raposo e como evolucionou ao longo da historia. Debido á maioritaria presenza deste animal en Europa, Asia e América do Norte, a mostra das UF foi tomada de linguas presentes nestas rexións; en concreto, do chinés, o xaponés, o inglés, o alemán, o sueco, o español e o galego.
Informationen zur Finanzierung
Geldgeber
-
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia
- RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a adxudicación de dez bolsas de formación en proxectos de investigación do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (DOG)