“Que ‘di’ o raposo?A raposa enmascarada: como o folclore afecta ás unidades fraseolóxicas

  1. Alba Quintairos-Soliño
Revista:
Cadernos de fraseoloxía galega

ISSN: 1698-7861

Año de publicación: 2020

Número: 22

Páginas: 159-192

Tipo: Artículo

DOI: 10.52740/CFG/22.22.07.00015 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openAcceso abierto editor

Otras publicaciones en: Cadernos de fraseoloxía galega

Resumen

Fraseoloxía, cultura e identidade van da man, tal e como apuntan estudos de investigadoras como Ortiz Alvarez (2021) ou Masłowska (2020). Isto parece suxerir que a percepción que cada cultura ten do raposo acabará permeando na linguaxe e quedando fixa en todo tipo de unidade fraseolóxica (UF), cuxo sentido só poderá comprenderse se se ten en conta o abano de características asociadas tradicionalmente ao símbolo “raposo”. A través da análise de 125 unidades fraseolóxicas que conteñen referencias explícitas a este animal en diversas linguas, neste traballo pretendemos mostrar como as percepcións sobre a raposa se entrelazan ou diverxen dependendo da lingua que se analice co obxectivo de tratar de determinar cal é a identidade do raposo e como evolucionou ao longo da historia. Debido á maioritaria presenza deste animal en Europa, Asia e América do Norte, a mostra das UF foi tomada de linguas presentes nestas rexións; en concreto, do chinés, o xaponés, o inglés, o alemán, o sueco, o español e o galego.

Información de financiación

Financiadores