Linguaxe que inclúerevisión e proposta de actualización do Manual de linguaxe inclusiva da Universidade de Vigo

  1. Carla Míguez-Bóveda 1
  1. 1 Universidade de Vigo
    info

    Universidade de Vigo

    Vigo, España

    ROR https://ror.org/05rdf8595

Revista:
Documentos de Traballo en Ciencias da Linguaxe: DTCL

ISSN: 2530-2752

Ano de publicación: 2023

Número: 4

Páxinas: 57-81

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Documentos de Traballo en Ciencias da Linguaxe: DTCL

Resumo

Moitos dos debates lingüísticos da actualidade tratan a linguaxe inclusiva. Malia non se tratar dun ámbito de estudo de recente creación, os novos usos da lingua que aplican unha perspectiva feminista interseccional espertan reaccións de todo tipo que poñen a mira da opinión pública sobre eles. Por este motivo é de gran importancia que existan guías e manuais que recollan os que e por que da linguaxe inclusiva. Concretamente, o Manual de linguaxe inclusiva da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo recolle, ademais de explicacións razoadas da necesidade dun texto das súas características e definicións de conceptos básicos, unha serie de propostas teóricas e prácticas de linguaxe non-sexista. Así e todo, este texto publicouse hai máis dunha década, polo que os seus contidos poden considerarse desactualizados no momento de auxe dos estudos de xénero no que nos atopamos hoxe día. Co obxectivo de fomentar que os contidos dunha posible segunda edición do devandito manual concorden cos estudos máis recentes en materia de lingua e xénero, analizaremos os conceptos, as definicións e as propostas gramaticais e discursivas que nel se inclúen para actualizalas e pulilas acorde aos principios do feminismo interseccional. A maiores, engadiremos aqueles conceptos que consideremos que faltan nun texto destas características.

Referencias bibliográficas

  • Baxter, Robert Neal. (2006). «Falocentrismo e heteronormatividade na tradución: de como varren as mulleres e as lesbianas da historia cun golpe de penæ». Revista Galega de Filoloxía, 7, 11-28. Recuperado de: https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/2632 [Consulta 19/10/2023]
  • Bodenhofer González, Canela. (2019). Estructuras de sexo-género binarias y cisnormadas tensionadas por identidades y cuerpos no binarios: Comunidades educativas en reflexión y transformación. Revista Punto Género, 12, 101-125. Recuperado de: https://revistas.uchile.cl/index.php/RPG/article/view/56250/59 495 [Consulta 23/10/2023]
  • Bringas López, Ana; Castro Vázquez, Olga; Farina Busto, María Jesús; Martín Lucas, Belén e Suárez, Briones, Beatriz. (2012). Manual de linguaxe inclusiva. Recuperado de: https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraphfile/2018-05/Manual_con_portada_para_web%20(1)_3.pdf [Consulta 19/10/2023]
  • Coll-Planas, Gerard. (2016). Guía pedagógica dibujando el género. Barcelona: Universitat de Vic, Universitat Central de Catalunya. Recuperado de: http://www.dibgen.com/pdf/guia_pedagogica_Dibujando_el_ge nero.pdf [Consulta 7/1/2024]
  • García, Zélia. (2023). Entrevista a Née Barros. Andaina: revista do Movemento Feminista Galego, 72, 28-32. Recuperado de: https://andainamulleres.gal/wordpress/wpcontent/uploads/2023/09/3o-revista_con_anotacion_finalcompri_compressed-3-2.pdf [Consulta 23/10/2023]
  • López, Ártemis. (2019). «Tú, yo, elle y el lenguaje no binario» en La Linterna del Traductor, 19, 142-150. Recuperado de: http://www.lalinternadeltraductor.org/n19/traducir-lenguaje-nobinario.html [Consulta 20/10/2023]
  • López, Ártemis. (2020). «Cuando el lenguaje excluye: consideraciones sobre el lenguaje no binario indirecto». Cuarenta Naipes, 3, 295-312.
  • López, Ártemis e Míguez Bóveda, Carla. (2021). «Ti, eu, ele e a linguaxe non binaria na tradución entre inglés e castelán». Viceversa. Revista galega de tradución. 21, 253-261.
  • López, Ártemis. (2022). Recontextualización del lenguaje inclusivo y no binario. Hesperia: Anuario De Filología Hispánica, 24(2), 7-10. Recuperado de: https://doi.org/10.35869/hafh.v24i2.4105 [Consulta 19/10/2023]
  • Martínez Pagán, M. Begoña. (2020). «El lenguaje inclusivo, parte de la ética profesional de la traducción: el papel liberador de la lengua en la creación de un mundo más justo». En Martínez Pleguezuelos, A. et al. (Eds.) MariCorners. Estudios interdisciplinares LGTBIQ+, 17-35.
  • Míguez Bóveda, Carla. (2021). «A linguaxe non binaria directa. Comentario e proposta de tradución de El demonio en el interior de Siriel de Guille Jiménez». Revista Galega de Filoloxía, 22, 65-87. https://revistas.udc.es/index.php/rgf/article/view/rgf.2021.22.0. 8819 [Consulta 20/10/2023]
  • Míguez Bóveda, Carla e López, Ártemis. (2023). «A linguaxe non binaria en galego. Reflexións sobre o seu uso e proposta gramatical». En Carrera Fernández, María Victoria e Blanco Pardo, Nazaret (coords.) As múltiples cores da vida. Corpos, identidades e orientacións sexuais, 271-316. Vigo: Editorial Galaxia
  • Moure, Teresa. (2012). Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións. Vigo: Editorial Galaxia.
  • Nós Televisión. (9 de outubro de 2020). Galego de todes? Reflexións sobre linguaxe inclusiva e non binaria. Recuperado de: https://nostelevision.gal/galego-de-todes/ [Consulta 23/10/2023]
  • Platero Méndez, R. Lucas; Rosón Villena, María e Ortega Arjonilla, Esther (eds.). (2017). Barbarismos queer y otras esdrújulas. Barcelona: Ediciones Bellatera.
  • Real Academia Galega. (2012). Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. 23ª edición. Recuperado de: https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/book/252 [Consulta 23/10/2023]
  • Vasallo, Brigitte. (2021). Lenguaje inclusivo y exclusión de clase. Larousse: Barcelona.