Transliteración e adaptación de niponismos
- Inés Veiga Mateos
- Víctor Fresco Barbeito
- Cruces Colado, Susana (ed. lit.)
- Maribel del Pozo Triviño (ed. lit.)
- Ana Luna Alonso (ed. lit.)
- Alberto Álvarez Lugrís (ed. lit.)
Verlag: Atrio
ISBN: 978-84-15275-07-7
Datum der Publikation: 2012
Seiten: 705-720
Art: Buch-Kapitel
Zusammenfassung
No galego detectamos un paulatino incremento de referentes da cultura nipona que se están introducindo na nosa sociedade. Estas denominacións chégannos dadas a través de linguas intermediarias, principalmente do inglés, o que impide a formación dunha ortografía xenuinamente galega sen a cal se perde a correspondencia intuitiva co orixinal para un falante galego. Nesta contribución, presentamos un método de adaptación e transliteración do xaponés desde unha perspectiva galega, incluíndo apuntes sobre ortografía, xénero, plural e tonicidade. Esta proposta ilustrarase con exemplos de termos xa asentados nos principais dicionarios galegos e con neoloxismos xa consolidados noutras linguas.