Ampla experiencia na aplicación de técnicas e algoritmos á resolución de problemas para os que se precisa descubrir automaticamente o coñecemento a partir de grandes cantidades de datos, creando modelos automáticos de predición e/ou aplicando técnicas de estruturación ou redución da dimensionalidade.
Aplicación de técnicas avanzadas de procesamento semántico da linguaxe natural para o filtrado de correo non solicitado (spam) ou a extracción automática de información da literatura biomédica.
Aprendizaxe automática:
Bioinformática:
Desenvolvemento de sistemas de soporte á decisión clínica baseados no uso de técnicas de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e aprendizaxe profunda para a explotación de historia clínica electrónica, incluíndo información estruturada e non estruturada, así como para a creación de sistemas CAD (Computer Aided Diagnosis) a partir de imaxes médicas.
Desenvolvemento e aplicación de técnicas e algoritmos que permitan resolver problemas que, por agora, resolven mellor os seres humanos. Concretamente, o grupo ten experiencia na resolución de problemas complexos sacando partido da aprendizaxe automática, o razoamento baseado en casos, a representación adecuada do coñecemento, a utilización de axentes intelixentes, así como a optimización a través da computación evolutiva.
Desenvolvemento, aplicación e posta a punto de técnicas para a resolución de problemas biolóxicos mediante computadores mediante a análise de grandes cantidades de datos experimentais (high throughput), incluídas a secuenciación de nova xeración ou a proteómica, así como a integración de información procedente de bases de datos biolóxicas abertas.