Asesoramento e deseño de solucións de cinema accesible (accesible filmmaking), para a integración da accesibilidade e a tradución no proceso de produción audiovisual mediante o uso das TIC.
Consultoría empresarial e institucional sobre sistemas en liña con utilización de sistemas asistidos para a dotación de servizos de accesibilidade e/ou tradución de produtos audiovisuais e conferencias internacionais, cursos ou sesións de entidades e institucións políticas.
Desenvolvemento de ferramentas informáticas para a avaliación automática e semiautomática dos subtítulos en directo.