Departament: Tecnoloxía electrónica

Centre: Escola de Enxeñaría Industrial

Campus: Vigo

Àrea: Tecnologia Electrònica

Grup d'investigació: Enxeñería de Equipos Electrónicos

Correu: alago@uvigo.es

Doctor per la Universidade de Vigo amb la tesi Nuevos metodos de sintesis de convertidores cc-cc conmutados en paralelo de alto rendimiento 1994. Dirigida per Dr/a. Carlos Martínez-Peñalver Freire.

Alfonso Lago Ferreiro naceu en Lalín (1962). Na actualidade é profesor Titular de Universidade da área de Tecnoloxía Electrónica da Universidade de Vigo. É Licenciado en Ciencias Físicas (Especialidade de Electrónica) co título de grao pola Universidade de Santiago de Compostela (1986) e Doutor Enxeñeiro Industrial pola Universidade de Vigo (1994). Desde Xuño do 1994 ata Marzo de 1995 e desde Novembro do 1997 ata Outubro do 2001 foi Secretario do Departamento de Tecnoloxía Electrónica da Universidade de Vigo. Desde Marzo de 1995 ata Julio de 1997 foi Adxunto ao Vicerreitor de Ordenación Académica da Universidade de Vigo e desde Outubro do 2001 ata Marzo do 2003 e desde Marzo do 2009 ata Marzo 2012, Director do Departamento de Tecnoloxía Electrónica da Universidade de Vigo. Foi Director de Área de Profesorado da Universidade de Vigo de Xuño do 2018 ata Novembro de 2018, Director de Área de Estudos de Grao da Universidade de Vigo de Novembro do 2018 ata Xuño de 2022, Vicerreitor de Profesorado, Docencia e Titulacións desde Xuño de 2022 ata Maio de 2023 e na actualidade é Vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente. Alfonso Lago Ferreiro participou na organización de diversos congresos nacionais e internacionais sendo coordinador xeneral do SAAEI 2012 que se celebra en Guimaraes (Portugal) e do TAEE 2012 (Congreso das Tecnoloxías Aplicadas ao Ensino da Electrónica) que se celebra en Vigo. Ademais, participa como revisor en varias revistas e congresos internacionais. Foi membro da Mesa Institucional do proxecto Galicia 2023 durante o ano 2022. Na actualidade é membro do Panel de Expertos para a acreditación dos títulos universitarios oficiais de Grao e Máster da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e membro do Consello de Coordinación dá Docencia Clínica de Galicia. Alfonso Lago Ferreiro é membro Senior do Institute of Electrical and Electronics Engineers (IEEE). Desde Marzo de 2012 ata Decembro de 2019 foi membro da directiva da Sección Española do IEEE na que ocupou o posto de Coordinador de Capítulos (2012-2015), Secretario (2106-2017), Vicepresidente (2018-2019) e Asesor da Rama de Estudantes do IEEE da Universidade de Vigo ata o ano 2022. A súa actividade investigadora inclúe temas de fontes de alimentación conmutadas, control aplicado aos convertedores de potencia e temas de innovación educativa relacionados cos xogos serios e dixitalización de contidos.