OSCAR
FERREIRO VAZQUEZ
PROFESOR/A CONTRATADO/A DOUTOR/A - TEMPO COMPLETO
Saila: Tradución e lingüística
Ikastegia: Facultade de Filoloxía e Tradución
Campusa: Vigo
Eremua: Itzulpengintza eta Interpretazioa
Ikerketa taldea: Traducción & Paratraducción
E-maila: oferreiro@uvigo.es
Web-orri pertsonala: https://linktr.ee/oscarferreiro
Doctor por la Universidade de Vigo con la tesis «Por boca de» achegas á historia da interpretación do centro e sur de América (1518-1870) 2016. Tesiaren zuzendaria Dr. Xoán Manuel Garrido Vilariño.
Óscar Ferreiro-Vázquez naceu no cantón de Fribourg (Suíza). É licenciado e doutor en Tradución e Interpretación con mención Internacional e premio extraordinario pola Universidade de Vigo (UVigo). É profesor no departamento de Tradución e Lingüística da mesma institución, onde imparte clases en grao, posgrao e doutoramento. É coordinador do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI)—Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia— e codirector do Título Propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV), así como promotor dos premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos. Ten experiencia profesional como tradutor e intérprete e está habilitado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia para exercer como tradutor xurado. É evaluador externo independente no proceso de avaliación da calidade das solicitudes de Acreditación Erasmus (KA120) do Ministerio de Universidades. Servizo español para a internacionalización da Educación (SEPIE). Na empresa privada impartiu aproximadamente 1 500 horas de formación (francés administrativo, marítimo, empresarial e comercial, entre outras) a directivos e traballadores. Durante cinco anos levou a cabo tarefas de tradución e interpretación nunha empresa recoñecida da cidade de Vigo, coordinando un equipo de tradutores e intérpretes para prover de servizos lingüísticos a máis de cen empresas nacionais e internacionais. Conta con múltiples publicacións científicas, edicións, participacións en congresos e comités de redacción. Realizou estancias en centros estranxeiros de universidades francesas, portuguesas, polacas, romanesas e belgas, entre outras. Pertence ao grupo de investigación Tradución & Paratraducción (T&P) da Universidade de Vigo e o seu interese céntrase na historia da tradución e interpretación durante a conquista e colonización española, a tradución do movemento globalizador hip-hop como expresión artística e cultural e a (para)tradución dos fascismos.