Departamento: Bioloxía funcional e ciencias da saúde

Centro: Facultade de Fisioterapia

Campus: Pontevedra

Universidad: Universidade de Vigo

Área: Fisioterapia

Grupo de investigación: FS1 Fisioterapia Clínica

Correo: yoana@uvigo.es

Teléfono: (+34) 986801767

Dirección: Facultade de Fisioterapia de Pontevedra (despacho 11). Campus a Xunqueira s/n. 36005 -Pontevedra

Disponible para contactar con medios ( prensa / radio / tv )

Doutora pola Universidad de Málaga coa tese Estudio prospectivo de las variables psicopedagógicas y su influencia en los indicadores de calidad académica en los estudiantes de fisioterapia 2017. Dirixida por Dr/a. María Teresa Labajos Manzanares, Dra. Eva María Lantarón Caeiro, Dr/a. Manuel Gutiérrez Nieto.

Yoana González González (Ourense, 1988) é Profesora Permanente Laboral na área de Fisioterapia no Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde da Universidade de Vigo. É membro do Grupo de Investigación Fisioterapia Clínica (FS1) integrado no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IIS Galicia Sur, SERGAS‑UVIGO). Está colexiada co número 2353 no Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia. Graduouse en Fisioterapia pola Universidade de Vigo (Pontevedra, 2010) e cursou o Máster en Fisioterapia Neurolóxica na Universidad Europea de Madrid (2011). Obtivo o título de doutora pola Universidad de Málaga con calificación de Sobresaliente con Mención Cum Laude, defendendo a tese titulada “Estudio prospectivo de las variables psicopedagógicas y su influencia en los indicadores de calidad académica en los estudiantes de fisioterapia” dentro do Programa Oficial de Doutoramento en Ciencias da Saúde (2012–2017). A súa experiencia profesional abrangue máis dunha década como fisioterapeuta, etapa na que combinou actividade asistencial e docente, especialmente nos ámbitos da fisioterapia neurolóxica, oncolóxica e o exercicio terapéutico. O seu traballo clínico centrouse no desenvolvemento e aplicación de programas de fisioterapia activa, integrando valoración funcional, educación para a saúde e intervención baseada no movemento. Na Universidade de Vigo exerce como profesora no Grao en Fisioterapia, no Máster Universitario en Exercicio Terapéutico en Fisioterapia e no Programa de Doctorado en Investigación Sanitaria. Así mesmo, impartiu docencia na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte en materias vinculadas á actividade física e á saúde. Ademais, coordina as unidades de fisioterapia que prestan apoio técnico en numerosos eventos, promovendo a participación do estudantado e fortalecendo a proxección social da facultade. A súa actividade investigadora inclúe a publicación de artigos científicos, a coautoría de capítulos de libro e a presentación de comunicacións en congresos nacionais e internacionais, foi membro do comité científico de xornadas e congresos internacionais e é membro do comité científico e consello asesor de varias revistas científicas. Os seus intereses actuais abranguen a fisioterapia clínica, especialmente co exercicio terapéutico, a educación e pedagogía aplicada á formación en saúde e a análise de factores psicopedagóxicos relacionados coa calidade académica en estudantes de ciencias da saúde. Actualmente está a desenvolver varios proxectos relacionados coa aplicación de exercicio nos procesos oncolóxicos e coa prevención da dor raquídea nos escolares.