
SARA
DOMÍNGUEZ LLORIA
TITULAR DE UNIVERSIDADE - TEMPO COMPLETO
Departamento: Didácticas especiais
Centro: Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Campus: Pontevedra
Área: Didáctica da Expresión Musical
Grupo de investigación: DE3 Educación, Actividade Física e Saúde. GIES.
Correo: saradominguez.lloria@uvigo.es
Doutora pola Universidade de Vigo coa tese Análisis de la organización, gestión y currículum de las enseñanzas de música no superiores en Galicia 2019. Dirixida por Dra. Margarita R. Pino Juste.
Doutora en Educación pola Universidade de Vigo e Titulada Superior en Música na especialidade de Piano. Ademais, posúe un Máster en Teatro e Artes Escénicas e un Máster en Dirección e Xestión de Centros Educativos. A súa traxectoria profesional combina a docencia, a xestión e a investigación no ámbito musical. Entre os anos 2009 e 2016, exerceu como Directora da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela e foi profesora no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra, onde impartiu clases de piano e desempeñou funcións como pianista acompañante ata o ano 2020. Como investigadora, liderou numerosos proxectos de innovación educativa, coordinando iniciativas enfocadas na formación do profesorado de música, a competencia cultural e artística desde a perspectiva musical, así como no deseño e avaliación de programas de formación musical. As súas investigacións foron publicadas en revistas de referencia tanto a nivel nacional como internacional. No ámbito da transferencia de coñecemento, colaborou con diversas institucións, como o Concello de Santiago de Compostela, a Real Filharmonía de Galicia e o Museo Galego de Arte Contemporánea, desenvolvendo proxectos de asesoramento didáctico e difusión musical co obxectivo de achegar a música á sociedade. As súas liñas de investigación céntranse na innovación educativa dende as prácticas interdisiplinares, a investigación en didáctica da música e a promoción do acceso á educación musical, contribuíndo activamente á evolución e mellora da ensinanza musical no ámbito académico e artístico.